É a bandeira do club, o equipo de competición é o que participa na maior parte das exhibicions. Consta de dous grupos en función de idades e de niveis, e compite a nivel autonómico en Galicia, xa sexa en fases de niveis ou en campionatos galegos. Combinan a patinaxe individual co show.
Tutelada por o noso club en todos os ámbitos. Tamén cos dous grupos de traballo en función da idade e do nivel das patinadoras/es. Ademais da apredizaxe diaria, fanse probas internas e participan en festivais no sus de Galicia.
Unha idea cun ano de vida que está en plena transformación. Naceu, con moita aceptación, como un concepto para que pais, nais e fillos patinasen xuntos por pura diversión e aprendizaxe, pero a evolución da proposta lévanos a implantar un equipo de velocidade que participe na Liga Galega Sur.
Naceu para atender unha demande de xente de O Carballiño a que lle gustaba aprender a patinar. A razón de dúas clases semanas, trata de ser unha actividade de ocio na que tamén existe un apartado competitivo a través da Liga Galega Sur de velocidade.