Club Aehde O Carballiño, a patinaxe en toda a súa extensión. Deporte, competición, convivencia, compañeirismo e aprendizaxe en todas as idades. Entidade deportiva sen ánimo de lucro. Un centro de patinadoras e patinadores na comarca de O Carballiño.
O Club Aehde O Carballiño é unha entidade sen ánimo de lucro que se adica ao fomento do deporte e á implantación da patinaxe en todas as súas modalidades: artística, velocidade, freestyle, liña.
O ámbito de actuación é a comarca de O Carballiño, ámbito xeográfico no que se creou, pero que en función da dispoñibilidade quere abrirse a máis puntos da provincia de Ourense. Sempre cuns parámetros de crecemento sostido e sen poner nunca en risco o futuro da entidade.
A patinaxe en O Carballiño arrincou seis anos atrás como unha actividade extraescolar baixo a organización da ANPA do colexio Calvo Sotelo por demanda dunhas pequeñas empecinadas en patinar. Algunhas manteñen hoxe a paixón polo deporte no propio Club Aehde.
Pero antes de nacer a entidade ainda quedaban pasos por percorrer. De actividade extraescolar pasouse á creación dunha escola municipal a cal foi o xermolo para o nacemento do club, cunha acta fundacional que data do ano 2013 baixo a presidencia de Virginia López. Un ano despois xa arrancou unha segunda época con Uxio Álvarez Centeno na presidencia.
Durante este tempo o Club de Patinaxe Aehde O Carballiño foi medrando en número e en estructura, así como en oferta, misturando a patinaxe artística coa patinaxe en liña, un dos contados casos que existen en Galicia.
Agora, seis anos despois daquel xermolo, a entidade vive unha fase de expansión dentro da provincia de Ourense, aproveitando para organizar todo tipo de eventos de carácter autonómico aos que ten acceso.
Adestradora co titulo nacional do equipo de patinaxe individual do club e directora deportiva da entidade.
Nerea é dende esta tempada a responsable do grupo show do club, que vive a súa segunda campaña na disciplina.
Nieves González está no Club Aehde dende a súa creación, primeiro como patinadora, aspecto no que sigue practicando, e agora tamén como monitora axudante e formando parte da comisión técnica do club
Responsable de patinaxe en familia e adestrador da modalidade de velocidade. Licenciado e INEF, fisioterapeuta e osteópata, tamén se encarga da parte física do equipo de patinaxe artística.
Formada na actualidade por 13 personas: Uxío Álvarez Centeno (presidente), Paloma Fernández Sánchez (vicepresidenta), Xosé Ramón Castro (secretario), Tamara López (tesoureira), e como vogais: Esperanza Civeira, Nieves González, María Agras, Laura Oliveira
Paula Castro, adestradora titulada de nivel I, é a encargada da escola de patinaxe artística do club